Ecofisioloxía vexetal
Reverdecer
13.05.2025
REVERDECER, Ecofisioloxía vexetal e conciencia para a conservación dous bosques autóctonos é un proxecto cultural multidisciplinar (científico/artístico/social). O seu tema troncal é a ecofisioloxía vexetal e a súa achega á conservación da biodiversidade nos bosques e especies endémicas que precisan unha resposta sostible ao cambio climático. Ten como obxectivo salientar a importancia da conservación e da biodiversidade nos bosques autóctonos. Entre outras accións dentro deste marco, desenvólvese o proxecto colaborativo entre ou Centro de Arte Fundación María José Jove e o Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo (AGACAL), que pretende xerar conciencia e coñecementos prácticos sobre a ecofisioloxía vexetal e a sua aplicación para a rexeneración ambiental e a educación sostible, salientando as funcións das plantas como axentes… (+)